ES..
EN..
 
Sistema Deseño
Sistema é un estudo de deseño gráfico que naceu no ano 1990 na cidade de A Coruña.

Especializado no deseño gráfico, o estudo tamén ofrece servizos integrais en xestión e control de calidade da produción de soportes de identidade corporativa, catálogos, revistas, edición de libros e sitios web, entre outros.

Ao equipo actual formado por seis profesionais repartidos nas áreas de deseño gráfico, produción e administración, hai que sumarlle unha infinidade de persoas colaboradoras externas doutras disciplinas complementarias (fotografía, estilismo, maquillaxe, programación, impresión e máis...). As nosas instalacións funcionan, de forma activa, como punto de encontro entre a nosa clientela, profesionais colaboradores e área de deseño.

Os proxectos que acomete o estudo, sempre están liderados polos socios e deseñadores do estudo, Manuel Fraga, Luís Galán, José Rivera e David Rivero.

O estudo presume de traballar formando equipo con calquera cliente. Escoitar e ver como método para entender as características de fabricacións e posicionamentos dos produtos e servizos. Isto permítenos achegar a cada problema un novo punto de vista. Sumar ideas para atopar as solucións.
>